23 de abril de 2014

OS GAZAPOS NA PRENSA

A ver se atopas os gazapos agochados nestas noticias dos xornais. ACTIVIDADE INTERACTIVA

TRABALLO ESCRITO

No 3º trimestre imos facer un traballo de investigación sobre os exploradores e descubridores que, ao longo da Historia, fixeron das viaxes o seu modo de vida e, con elas, contribuíron a que a vida das persoas cambiase, para ben ou para mal.
Para poder facelo temos un par de recursos que "O lar de Frianciño" (o blog da biblioteca do colexio Frian) pon á disposición dos usuarios, grazas. INVESTIGANDO NOS DOCUMENTOS e COMO ELABORAR UN TRABALLO ESCRITO Fai clic na imaxe seguinte e accederás a esas presentacións.