3 de diciembre de 2012

Visita do 3º Ciclo

O mércores 28 de novembro saímos para facer un par de actividades moi interesantes. Primeiro asistimos a unha proxección no Centro Cultural de Novacaixagalicia sobre as profundidades mariñas do Arrecife de Coral de Australia; aquí quedamos coa boca aberta ao ver o "día a día" de algunhas especies que non coñeciamos. Despois fomos á exposición de Naturnova onde os rapaces e rapazas "tocaron, uliron, viron, experimentaron" diversos elementos da exposición que lles descubría aspectos coñecidos e descoñecidos do mundo que nos rodea. En fin, unha mañá moi aproveitada.