3 de diciembre de 2012

Visita do 3º Ciclo

O mércores 28 de novembro saímos para facer un par de actividades moi interesantes. Primeiro asistimos a unha proxección no Centro Cultural de Novacaixagalicia sobre as profundidades mariñas do Arrecife de Coral de Australia; aquí quedamos coa boca aberta ao ver o "día a día" de algunhas especies que non coñeciamos. Despois fomos á exposición de Naturnova onde os rapaces e rapazas "tocaron, uliron, viron, experimentaron" diversos elementos da exposición que lles descubría aspectos coñecidos e descoñecidos do mundo que nos rodea. En fin, unha mañá moi aproveitada. 


20 de junio de 2012

ACTIVIDADES PARA VACACIÓNS .

Actividades para  as vacacións do alumnado de 3º Ciclo.
 A continuación, tes uns arquivos con actividades para realizar ao longo do verán. Programa ben o teu tempo e procura facer todos os días algunhas actividades de Matemáticas e de Lingua. 

 Pulsa sobre as imaxes ou sobre os títulos para baixar os arquivos ao teu ordenador, despois  imprime as actividades que desexes e por últimos tenta facer algunhas.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh4Aq32BekIEaJwSVJBH-SG0EvazEf8-9Xh9qpOTJXfRW6kSK0ONeYfsWY86p5d_UgybGlALwObk8_PvjPYYoLHV3LyQXEyTV0Ycg-dxLDPQAnD-icYi6RXNQVSX_7Osk_QoL8BL6jTF8M/s1600/verano2013.jpg                    Repaso Lengua 5º.







Repaso lingua galega 6º


Repaso Matemáticas 5º.


 
 


                Repaso Lengua 6º.



             Repaso Matemáticas 6º.